venres, 24 de decembro de 2010

Cos nosos mellores desexos...

A Asociación de Nais e Pais TEA, quere desexarlles Bo Nadal e un Felíz Aninovo.

Que o vindeiro ano sexa de boas novas para o colexio dos nosos cativos. Que as nosas demandas sexan escoitadas pola Administración e se poñan mans á obra para mellorar o Ensino Público de Ponteareas.

Nos seguiremos traballando. Nos atoparedes os vindeiros 24 e 31 de decembro polas rúas da vila informando a todo aquel que queira escoitarnos. Tamén estaremos os días 5 e 8 de xaneiro. A nosa base de
operacións estará na Praza da Igrexa. Éste será un traballo organizado dende a Federación de ANPAs de Ponteareas. 
 

Unha grande aperta para todos os que facedes que non decaigan os nosos ánimos.

xoves, 16 de decembro de 2010

¡DEBERIAVOS DAR VERGOÑA!

Así titulan os nosos rapaces e rapazas de 5º B este pequeno gran manifesto en prol da súa escola. Laura G., Laura P., Antía, Sonia, Estela e João, estiveron traballando para aportar ás suas reivindicacións por unha educación de calidade. Eles e mailos seus compañeiros e compañeiras da escola son as verdadeiras vítimas deste despropósito e teñen todo o dereito a protestar.


Compartimos con todxs vos, algo do seu traballo:

Poemas de Protesta

Aos baños imos.
¿Qué nos encontramos?
Os baños inundados.

No ximnasio moito medo temos
porque unha tella nos pode caer no cabelo.

No chan moito coidado 
porque está todo destrozado

A humidade entra 
polas paredes da biblioteca

Folga imos facer
para que o noso colexio non volva a crecer.

Moito queren avanzar
pero o noso colexio non queren arreglar.


Cousas que queremos que arranxedes ou que queremos que poñades

  1. Queremos que poñades enchufes nas aulas que o precisen. 
  2. Queremos que arranxedes os retretes dos baños e que tamén os limpedes. 
  3. Queremos que poñades no seu sitio, nas aulas prefabricadas, o encerado. 
  4. E o máis importante de todo: ¡NON QUEREMOS O EDIFICIO NOVO! ¡DEBERÍAVOS DAR VERGOÑA!

luns, 6 de decembro de 2010

Asamblea Extraordinaria ABERTA

O vindeiro mércores, 15 de decembro de 2010, no Salón de Actos do IES Val do Tea (Rúa Feliciano Barrera, 15) ás 19:30h en primeira convocatoria e ás 20:00h en segunda convocatoria, celebraráse unha Asemblea Extraordinaria con carácter ABERTO, co seguinte 

ORDE DO DÍA:

  • Información da derradeira reunión en Xefatura Territorial.
  • Medidas a tomar a partires do mes de xaneiro de 2011.
A TÚA ASISTENCIA É MOI IMPORTANTE

venres, 3 de decembro de 2010

Apoio masivo nas dúas xornadas de protesta pola situación do CEIP Fermín Bouza Brey


As protestas levadas a cabo polos pais e nais do CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas pódense calificar como resposta masiva. O día 30 secundaron a protesta un total de cincocentos alumnos e alumnas de 610 e o día 2 aínda foron máis: 516 que non asistiron ás clases. E isto sen contar aos rapaces e rapazas do CRA das parroquias que secundaron estas protestas cun 90% de inasistencias.

Queremos salientar o gran esforzo destes pais e nais que nun acto de gran conciencia social e colectiva, apoiaron esta protesta tendo, nalguns casos, que pedir días no traballo ou quedar cos nenos e nenas dos que non podían faltar aos seus empleos.

Queda de manifesto a convicción da maioría de colectivos de Ponteareas do necesario investimento que habería que facer en educación na nosa vila. Isto queda representado non só nestas protestas masivas e apoiadas polo resto de ANPAs, se non tamén nas resolucións tomadas nos Consellos Escolares Municipais onde quedan reflexados o resto destes colectivos.

Na reunión mantida o día 1, se chegou a un acordo sobre o cambio da orientación do aulario. Petición feita polo Concello e maila directiva do centro.

Da reforma do edificio principal, a outra esixencia por parte da comunidade educativa non se da solución inmediata, senon que nos reiteran que se fará despois do aulario e habendo cartos.
Tamén nos chamaron egoístas por non pensar que todas as escolas da provincia están nas mesmas condicións e pedir somentes para a nosa, un argumento que pon de manifesto o recoñecemento da súa propia incapacidade para sacar adiante a Educación Pública.

Soubemos que a rezonificación á que se comprometeron na primeira reunión fai xa máis dun ano, ainda non a empezaron. O Xefe Territorial volveuse comprometer a falar co Servizo de Inspección Educativa en xaneiro ou febreiro para levala a cabo e, unha vez feita, sacar unha unidade por curso ata acadar as tres liñas aceptables no centro.

A directiva da ANPA deste colexio público non considera que o acadado nesta reunión, á que nen sequera fomos invitados formalmente, vaia solucionar a curto plazo o que levamos dous anos reivindicando. Algo que dende logo non nos vai impedir reiterar o noso dereito a esixir unha educación de calidade para os nosos cativos.