martes, 23 de novembro de 2010

Nota protesta

Estimado pai/nai:

Dirixímonos a vostede co fin de informarlle das protestas dos vindeiros días 30 de novembro e 2 de decembro. 
Na derradeira Asemblea Extraordinaria da ANPA, decidíuse por maioría absoluta a inasistencia dos alumnos/as como protesta pola situación que leva sufrindo o centro dende fai xa moitos anos e pola inminente construcción do novo aulario.

Como xa sabe, os nenos e nenas do CEIP Fermín Bouza Brey carecen dunhas condicións aptas de habitabilidade, seguridade e hixiene debido a masificación, a falta de mantemento e ao insuficiente persoal de limpeza.

Debido a todo isto agradeceríamos a súa solidariedade. Deixámolo á súa consideración.

Ningún comentario: