luns, 21 de xuño de 2010

A ANPA Tea apoia a protesta polo comedor do CEIP Ramiro Sabell

Hoxe celebrouse a protesta pola falta de limpeza e o impago das axudas por parte da Xunta ao comedor do C.E.I.P. Ramiro Sabell.
Esta protesta organizada pola ANPA Pena do Equilibrio, tamén reivindica que a xestión do comedor a leve a cabo a Xunta de Galicia.

Houbo algún que outro problema, xa que, tendo todo organizado e todos os permisos por parte dos pais e do centro, o director recibiu unha chamada da Consellería de Educación, prohibindo a comida-protesta no patio do recreo e tamén o uso das mesas e cadeiras fora do comedor.

Inda así, a protesta levouse a cabo nun pequeno porche adxacente ao comedor e comendo no chan.

Varios medios de comunicación fixéronse eco da protesta acudindo a grabar e entrevistar a algúns dos pais asistentes.


A ANPA Tea acudíu a apoiar e botar unha man cos nenos e nenas ao igual que a ANPA do IES Val do Tea, sempre tan xenerosos con todo aquelo que axude a mellorar a situación dos escolares.

1 comentario:

Anónimo dixo...

ANIMO !!!!!!!!