luns, 15 de marzo de 2010

Pérez Ares incumple o compromiso adquirido coa ANPA do Fermín Bouza Brey.

O pasado día 3 de Febreiro, a A.N.P.A. Tea do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey de Ponteareas mantivo unha reunión en Pontevedra, co xefe territorial de educación, Cesar Pérez Ares. Tamén asistiron dous representantes da dirección do centro, o inspector de educación da provincia e unha representante da oficina técnica.

O tema principal a tratar foi o problema da grave masificación que sofre o centro.
A A.N.P.A. defendeu a idea de un novo centro de primaria como solución, apoiada ademáis por todos os colectivos pontareáns representados no Consello Escolar Municipal.

Nembargantes, a delegación pontevedresa insistiu en retomar o proxecto ideado polo antiguo goberno da Xunta, que consiste en construir outro edificio no terreo do centro, sempre e cando, sexa aprobado polo actual goberno. Hai que saliñar que nunca, dende que se empezou a falar de dito proxecto xa co PSOE-BNG na Xunta, ninguén viu os planos do novo edificio, nin a ANPA nin calquera dos representantes do Consello Escolar Municipal. Ademáis cremos que de saír adiante este proxecto, agravaríase a falta de mantemento do centro, que xa na actualidade é moi grave, aparte de que restaría zonas de recreo ós máis de 600 alumnos que estudan nel.
Unha das cousas que chamaron a atención nesta reunión foi a sorpresa do xefe territorial e do inspector ó comprobar mediante fotos, esta falta de mantemento, xa que a técnica alí presente comprobounos “in situ” varias veces durante o curso. O único que a ANPA sacou en claro unha vez rematada a reunión, foi o compromiso do Sr. Pérez Ares a visitar o centro en compañía do alcalde de Ponteareas, na primeira semana de marzo. A día de hoxe, non temos noticia algunha da súa visita.

Está claro que as promesas do xefe territorial teñen o mesmo valor cas do Sr. Solla. Éste último, incumplíu o compromiso de ter rematado o parque de educación infantíl antes de setembro de 2009 e aínda os nenos e nenas non poden acceder a él, que ademáis está cheo de restos de cemento.

Ós problemas de mantemento cos que leva loitando a ANPA durante anos, súmanse outros novos coma a instalación defectuosa do novo cierre exterior, que ten tramos sen suxección, o que provoca que caian, con grave risco dos alumnos e incluso dos peóns alleos á escola; ou a falta de limpeza das canalizacións, que logo das advertencias da Xunta durante o temporal, seguen cheas de escombro.