luns, 11 de maio de 2009

Xoguetes.


Dende a A.N.P.A. pedimos a colaboración dos pais de alumnos para reunir todos aqueles xoguetes en bo estado que sobren na casa para utilizalos nas aulas de infantil.

Rogamos que non sexan de pilas nin teñan pezas pequenas, e establecemos un límite de dous xoguetes por familia.

Aqueles que non sexan aptos para este ciclo, serán doados a outras institucións.

A recollida efectuarase durante a semana do luns 18 ao venres 22 de Maio.
Disporase dunha caixa na biblioteca para que os alumnos deposítenos alí en horario de recreo. Tamén se recollerán no local do A.N.P.A. o luns 18 de 9:15 a 10:15 e o martes 19 de 16:30 a 18:00.

Grazas pola vosa colaboración.

Ningún comentario: