venres, 15 de maio de 2009

Excursión ó Zoo.



O vindeiro mércores día 20 de Maio de 2009, o alumnado de 4º nivel teñen programado unha visita ó Zoo de Vigo en horario matinal.
Saída desde o colexio ás 9:00h.

O prezo da excursión (autobús e entrada) é de 7 €, aínda que os nenos e nenas que son socios da A.N.P.A. pagarán só 4´50 €.



Vigo-Zoo: O único Zoo da comunidade galega, leva en funcionamento dende 1971. O ano 2007 recibiu mais de 125.000 visitantes. Está recoñecido co distintivo de calidad turística.

Podemos encontrar tigres, leons, osos, cebras, bisontes, monos, águias, abutres, serpes... hasta un total de 325 animais de 90 especies de todo o planeta.

Conta con numerosas actividades para desenrolar a divulgación e a experimentación do mundo dos animais, tamén podes ver as estrelas dende seu planetario.

Excursión a Vigo.


O luns, día 18 de Maio, os nenos e nenas de Educación Infantil de 4 e 5 anos asistirán á representación dunha obra de teatro en Vigo. Despois da mesma irán a Samil para merendar.


O prezo do autobús é de 4´50 €, aínda que os nenos e nenas que son socios da A.N.P.A. terán unha subención de 2´50 €, e a entrada ao teatro é de balde.

luns, 11 de maio de 2009

Xoguetes.


Dende a A.N.P.A. pedimos a colaboración dos pais de alumnos para reunir todos aqueles xoguetes en bo estado que sobren na casa para utilizalos nas aulas de infantil.

Rogamos que non sexan de pilas nin teñan pezas pequenas, e establecemos un límite de dous xoguetes por familia.

Aqueles que non sexan aptos para este ciclo, serán doados a outras institucións.

A recollida efectuarase durante a semana do luns 18 ao venres 22 de Maio.
Disporase dunha caixa na biblioteca para que os alumnos deposítenos alí en horario de recreo. Tamén se recollerán no local do A.N.P.A. o luns 18 de 9:15 a 10:15 e o martes 19 de 16:30 a 18:00.

Grazas pola vosa colaboración.