luns, 30 de marzo de 2009

Día da Árbore, ¡todo un éxito!



O pasado domingo 15 de Marzo tivo lugar no Chan da Picaraña, a celebración do Día da Árbore, na que colaboraron a A.N.P.A. e a Comunidade de Montes de Ponteareas.
Os rapaces e rapazas do Colexio Fermín Bouza Brey divertíronse mentres aprendían a prantar árbores e a limpar o monte. Contamos coa valiosa axuda dun amable garda forestal.
Disfrutamos dun día soleado, e logo de traballar, dimos conta da comida que trouxemos e apreciamos o ben que sabe ó aire libre.
Todo isto nun entorno limpo e coidado no que todos os presentes colaboramos en manter.


luns, 9 de marzo de 2009

Día da Árbore.

Está prevista para o domingo 15 de Marzo, a celebración do Día da Árbore.
Este ano prantaremos árbores no Alto da Picaraña, coa colaboración da Comunidade de Montes de Ponteareas.
Esta zona foi moi maltratada polo pasado temporal co resultado de algunhas árbores totalmente arrancadas da terra.Pasaremos alí o día e cada familia levará a comida.
Con este acto, queremos inculcar a rapaces e adultos a importancia de respetar e coidar dos nosos montes e aproveitaremos para compartir cos demáis este día tan especial.

¡ANIMÁDEVOS A VIR!

luns, 2 de marzo de 2009

Excursión a Pontevedra.

O vindeiro mércores día 11 de marzo de 2009, o alumnado de 6º nivel teñen programado unha visita ó Museo Provincial de Pontevedra en horario matinal.
Saída desde o colexio ás 9:00h.
Esta viaxe está subvencionada co pago dun único autobús pola Deputación Provincial. Ó superar o número de prazas, o alumnado ten que pagar o importe doutro.

O custo da excursión será de 2,50 €, aínda que os fillos e fillas dos socios non terán que pagar xa que faráse cargo a A.N.P.A.

¡BOA VIAXE!

A festa do Entroido.

Dende a A.N.P.A. do Fermín Bouza Brey queremos agradecer a todos os pais e nais que botaron unha man na organización e posta a punto da festa do Entroido 2009. Co seu traballo voluntario, o noso cometido resultou máis estimulante e sinxelo.

Os difraces foron realmente orixinais e o desfile transcurríu de forma moi ordenada e vistosa.


A degustación de postres de Entroido foi un éxito, e os nenos e nenas divertíronse moito.

Debido a gran cantidade de platos doces, e co acordo da dirección da escola, a comida sobrante trasladámola á festa que se celebrou pola tarde na discoteca "O outro mundo do Tea", organizada pola F.A.M.P.O. e que se desarrollou, como cada ano, dende as 5 da tarde ata as 9 da noite cunha gran acollida .

A A.N.P.A. colaborou coa metade do coste do novo equipo de sonido estreado nesta celebración, así como igualmente costeou a escalera do escenario, que foi utilizada en festas anteriores.